O proxecto do Baxi Ferrol comenza a tomar forma coa renovación dunha xogadora que personifica o espírito e a garra do noso equipo: ¡Blanca Millán! A alero galega, unha figura chave para a afeción, vestirá a nosa pel unha tempada máis, consolidando así o noso proxecto deportivo.
Blanca cumplirá así a súa segunda tempada nas nosas filas, tras o sei paso previo por Spar Gran Canaria e Durán Maquinaria Ensino. Ademáis, farao despóis de ser unha das integrantes da Selección Española ‘B’ que arrancou a súa andadura este verán.
Esta renovación subraxa o compromiso do clube por manter un núcleo de xogadoras talentosas e comprometidas cos nosos valores. Estamos convencidos de que a experiencia e a enerxía de Blanca serán fundamentais para afrontar os desafíos da próxima tempada na Liga Feminina Endesa e para seguir facendo vibrar ao público da Malata.
Con esta renovación Blanca convértese na segunda peza confirmada para o Baxi Ferrol 25/26 tras a renovación de Gala Mestres.
¡Grazas, Blanca, por seguir defendendo con orgullo Ferrol!
