O Baxi Ferrol da un paso adiante na configuración da súa plantilla de cara a tempada 2025/2026 coa ilusionante incorporación de Karla Erjavec. A xogadora croata chega a Ferrol para aportar a súa enerxía, potencial e ambición ao proxecto.

Karla é unha xogadora cunha gran proxección, destacando pola súa versatilidade na pista, a súa visión de xogo e os seus bos porcentaxes anotadores (41’4% en triplas a pasada campaña). A súa chegada supón unha inxección de xuventude e talento para o Baxi Ferrol, reforzando o noso compromiso de construír un equipo dinámico e competitivo na Liga Feminina Endesa. Estamos convencidos de que a súa adaptación ao equipo será rápida xa que ten experiencia previa na liga da man do Barça CBS e o Spar Gran Canaria.

Dende o club, estamos moi ilusionados coa incorporación de Karla e dámoslle unha cálida benvida á familia do Baxi Ferrol. Confiamos en que o seu crecemento e a súa contribución serán importantes para alcanzar os nosos obxectivos na próxima tempada.

¡Benvida a Ferrol, Karla!