A familia do Baxi Ferrol ten motivos para celebrar. Unha das nosas xogadoras máis emblemáticas, Gala Mestres (Vilanova i la Geltrú, 1994), selou a súa continuidade co clube para a tempada 2025/2026. A escolta, referente indiscutible na pista e no corazón da afección, seguirá defendendo as nosas cores co talento e experiencia ca definen. 

Gala demostrou unha constante entrega en cada partido que, unido ao seu liderazgo e á súa capacidade para anotar en momentos cruciais , convertérona nunha peza fundamental do noso equipo. Por elo, este ano Gala será a nova capitá do equipo.

Esta renovación é unha excelente noticia que consolida o noso proxecto deportivo e énchenos de ilusión cara a próxima tempada en la Liga Feminina Endesa. Contar con Gala un ano máis significa manter a esencia dun equipo que soubo conectar co seu público e que ambiciona seguir crecendo e alcanzando novas metas.

Gala, pola súa parte, declarou que ‘Este añio me he sentido muy bien aquí. El primer año cuesta adaptarte a todo. Todo es nuevo y el segundo, como jugadora, te sientes mejor. La gente te conoce y te reconoce y este, con todo lo que hemos conseguido, ha sido hacer ver al club en Europa y más que nada es haberme sentido arropada en todo momento. Sentirme bien jugando, celebrando y eso nunca sabes donde más lo vas a encontrar o si lo vas a encontrar y una vez que lo he tenido y he podido disfrutarlo, quiero seguir teniéndolo aquí’

¡Grazas, Gala, por seguir sendo parte da familia do Baxi Ferrol!