O noso equipo de 3×3 U17 feminino integrado por Aitana Lata, Irene Somorrostro, María Padín e Elena Baldonedo, capitaneado por Patricia Cabrera, conseguiu o pasado 18 de Maio o billete ao Campionato de España de Clubes de dita modalidade que se celebrará entre o 13 e o 15 de Xuño en Cuenca.

Tras finalizar a fase de grupos invictas, a victoria en semifinais ante A.D. Manuel Peleteiro cunha tripla no último segundo da xogadora cadete Elena Baldonedo, otorgábanos unha das dúas prazas para disputar a cita estatal. Na final caemos contra Seis do Nadal – Coia, ao que tamén felicitamos polo seu logro.

Dende o clube queremos mostrar a nosa fachenda polas catro xogadoras que sinten o que é a familia do Baxi Ferrol e desexarlles sorte no Campionato de España. Estamos con vós, rapazas!