A fin de semana do 10 e 11 de maio o noso equipo infantil feminino de primeira división participou na Final a 4 da Liga Galega, celebrada en Brión. Tras caer en semifinais ante o equipo anfitrión, as nosas xogadoras competiron o domingo polo tercer e cuarto posto frente a Necesitas Formación Montrove.
Carmen, Zaida, Adair, Inés, Laura, Sabela, Lorena, Itziar, Alba, Sofía, Noa e Iria, bajo a dirección de Laura Alonso e Mara Morandeira, ponen así fin a unha tampada de crecemento onde sumaron grandes experiencias culimándoa coa cuarta posición da Liga Galega Infantil Feminina. Este resultado aumenta o seu mérito se consideramos que o equipo está integrado por tan só cinco xogadoras de segundo ano e sete de primeiro.
Dende o clube, queremos expresar a nosa noraboa a todas as xogadoras e corpo técnico polo seu esforzo e dedicación ao largo da tempada, así como agradecerlles o orgullo co que defenderon as nosas cores. .
