No Baxi Ferrol celebramos a continuidade dunha xogadora fundamental no noso esquema: Moira Joiner. A escolta estadounidense, quen se gañou o cariño da nosa afección pola súa inestimable entrega, vestirá a camiseta azul unha tempada máis.

Moira consolidouse como unha xogadora determinante para o clube, destacando pola súa capacidade reboteadora e a súa intensidade no xogo. A súa continuidade é unha gran noticia que nos proporciona ambición de cara aos retos da próxima tempada na Liga Femina Endesa.

Estamos moi ledos de seguir contando coa profesionalidade e o talento de Moira. A súa experiencia será crucial para guiar ao equipo e para seguir facendo vibrar ao público da Malata.

Actualmente, Moira atópase competindo na NBL1 cos Rockhampton Cyclones de Qeensland promediando 16 puntos e 12 rebotes por partido. 

Tras as renovacións de Gala Mestres e Blanca Millán, e a fichaxe de Karla Erjavec, Moira Joiner convírtese na cuarta xogadora confirmada para o Baxi Ferrol 2025/2026.

¡Grazas, Moira, por seguir defendendo Ferrol!