O Baxi Ferrol incorpora a Begoña de Santiago (1.83m, 23 anos), unha talentosa alero madrileña nacida o 23 de xaneiro de 2002. Bego chega a Ferrol tras un periodo dedicada aos seus estudos de medicina, lista para retomar a súa carreira no baloncesto de elite.
A pesar da súa xuventude, Bego de Santiago conta cunha notable traxectoria. Foi capitá en Movistar Estudiantes, club co que debutou na Liga Feminina Endesa na tempada 2018-2019. nA última campaña no equipo madrileño disputou tamén a Eurocup Women e a Copa da Raíña. Ademáis, o seu palmarés inclúe éxitos coa Selección Española en categorías inferiores, onde conseguiu un bronce coa selección U16 e un ouro no Campeonato de Europa con la selección U20.
Dende o Baxi Ferrol, estamos moi ilusionados coa incorporación de Begoña de Santiago. Confiamos en que a súa polivalencia, a súa experiencia na máxima categoría e a súa ambición serán un activo chave para o noso equipo esta tempada.
¡Benvida a Ferrol, Bego!
