O Baxi Ferrol asegura unha peza fundamental no seu esquema coa renovación de Claire Melia (1.89m, 26 anos). A pívot irlandesa cumplirá así a súa segunda tempada no clube ferrolano.
No seu debut na Liga Femenina Endesa, Claire Melia demostrou unha rápida adaptación e un rendimento excepcional. Os seus promedios falan por sí mesmos: valoración media de 15’6 e un notable 80% de acerto en tiros libres.
O seu impacto trascendeu as fronteiras nacionais. Na histórica campaña de Eurocup Woman, Melia foi distinguida como Mellor Xogadora do Mes de Marzo. Un fito que culminou cunha actuación memorable na ida das semifinais ante ASVEL Lyon, onde firmou unha exhibición con 27 puntos, 4 rebotes e 3 asistencias, alcanzando os 28 de valoración cun impresionante 73% en tiros de campo.
Dende o Baxi Ferrol, estamos inmensamente satisfeitos coa continuidade de Claire Melia e convencidos que co seu talento, capacidade anotadora e liderazgo serán cruciaies para os desafíos da próxima tempada na Liga Feminina Endesa.
¡Gracias, Claire, por seguir construíndo a historia de Ferrol!
