O Baxi Ferrol completa o seu xogo interior coa incorporación de Dalayah Daniels (1.93m), unha prometedora xogadora nacida en Seattle que chega a Ferrol tras unha destacada traxectoria universitaria.
Daniels procede da Universidade de Washington, onde acaba de completar a súa etapa NCAA. Na súa derradeira tempada, promediou 12.8 puntos e 7.2 rebotes por partido, mostrando un notable dominio na pintura. O seu talento non pasou desapercibido, sendo escollida no posto 24 do último draft da WNBA polas Minnesota Lynx.
Durante o seu periplo universitario, Dalayah Daniels recibiu a mención honorífica do All-Big Ten e acumulou 25 dobles-dobles na súa carreira. Ademáis, o seu impacto defensivo situouna no segundo posto de taponadoras históricas da súa Universidade con 109 tapóns.
Coa chegada de Dalayah Daniels, o Baxi Ferrol suma a décima peza da súa plantilla de cara á próxima tempada. Dende o clube, estamos moi ilusionados coa súa incorporación e convencidos de que o seu potencial, capacidade reboteadora e visión do xogo serán cruciales para afrontar os desafíos na Liga Feminina Endesa.
¡Benvida a Ferrol, Dalayah!
