O Baxi Ferrol reforza o seu xogo coa incorporación de Ine Joiris (1,87m, 23 anos), ala-pívot belga que chega a Ferrol de cara a tempada 25/26. Joiris procede de Oses Construcción Ardoi, do que foi unha das súas referentes a pasada campaña.

Destaca pola súa polivalencia na pista e os seus altos porcentaxes de tiro: un 40.7% en tiros de dos puntos e un excelente 38.2% en triples, promediando ademáis 27 minutos por partido.

Pero o seu gran fito recente chegou este verano: Ine Joiris disputou o Eurobasket Woman coa Selección de Bélxica, proclamándose campioa tras vencer a España na final disputada no Peace and Friendship Stadium, en Grecia.

Dende o Baxi Ferrol, estamos moi ilusionados coa chegada de Ine Joiris e convencidos de que a súa versatilidade e o seu espírito gañador serán un activo importante para o noso equipo ena Liga Feminina Endesa.

¡Benvida á familia do Baxi Ferrol, Ine!