O Baxi Ferrol reforza o seu posto de base coa incorporación de Karolina Sotolova (1.76m, 25 años). A xogadora checa chega a Ferrol procedente do KP TANY Brno.
Sotolová aportará ao noso equipo unha valiosa experiencia en competicións europeas. Na pasada Eurocup, promediou 30 minutos por partido, con destacadas estadísticas de 10.3 puntos, 4.3 rebotes e 3 asistencias por encontro. Ademáis do seu rendemento na competición continental, Karolina disputou os Eurobasket Qualifiers coa súa selección absoluta a pasada campaña.
Dende o Baxi Ferrol, estamos moi ilusionados coa chegada de Karolina Sotolová. A súa visión de xogo e experiencia internacional serán un activo crucial para afrontar os retos da próxima tempada.
¡Benvida a Ferrol, Karolina!
