O Pavillón Polideportivo de A Gándara en Narón acollerá os días 19 e 20 de setembro a XXXVIII edición da Copa Galicia de Baloncesto Feminina, unha das citas máis destacadas da pretempada. O evento está organizado pola Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) en colaboración coa Xunta de Galicia, Deporte Galego e o Concello de Narón.

O Baxi Ferrol, principal representante galego na elite, buscará facerse con esta edición que reunirá a os mellores equipos da comunidade. O torneo servirá ademais como escaparate para medir o estado de forma das xogadoras antes do inicio da competición oficial.

Entradas á venda

As entradas para presenciar os encontros organizados pola FEGABA, xa están dispoñibles a través da plataforma Ataquilla.com, cunha previsión de gran ambiente no pavillón naronés.

A Copa Galicia Feminina, que chega á súa trixésimo oitava edición, consolídase un ano máis como unha cita imprescindible para o baloncesto galego, tanto pola súa relevancia deportiva como polo apoio social que recibe.