Este sábado 1 de novembro, a cidade de Ferrol vivirá unha auténtica xornada de festa e deporte coa celebración da FAN ZONE Estrella Galicia, organizada conxuntamente polo BAXI Ferrol e a Peña Racinguista Morandeira.
A actividade comezará a partir das 13:30 horas no aparcadoiro do Pavillón da Malata, coincidindo coas previas dos partidos que enfrontarán ao Racing Club Ferrol co CD Tenerife e ao BAXI Ferrol co Estepona.
A FAN ZONE, que contará coa colaboración do Estrella Galicia, Concello de Ferrol, a Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol e outras entidades locais, ofrecerá unha ampla programación para todos os públicos:
Magosto popular, aproveitando a tempada de outono.
– Comida e bebida con sabor galego da man de Fabrica dos manxares
– Xogos, sorteos e actividades para toda a familia.
– Música en directo e sesión DJ durante toda a tarde. As 22:15 concerto de RAYADOS.
Ademais, instalarase unha carpa para garantir o bo ambiente independentemente do tempo.
Esta iniciativa busca reunir á afección do deporte ferrolán e celebrar unha xornada de convivencia entre seareiros e seareiras do Racing, do BAXI Ferrol e de O Parrulo Ferrol, nunha fin de semana marcada tamén pola celebración do Samaín.
Dende a organización destacan que a FAN ZONE Estrella Galicia pretende converterse nun punto de encontro festivo e familiar, combinando deporte, gastronomía e música nun ambiente seguro e participativo.
