O equipo disputará na casa a volta da Rolda 1 dos Playoffs da EuroCup Women, un encontro decisivo no camiño europeo e para o que xa están á venda as entradas para o público xeral.
O partido preséntase como unha cita clave da tempada, na que o conxunto buscará o pase á seguinte rolda da competición continental co apoio da súa afección. A EuroCup Women entra na súa fase máis emocionante e o respaldo desde a bancada será fundamental.
As entradas poden adquirirse desde este momento, e recoméndase facelo con antelación para asegurar localidade e contribuír a crear un gran ambiente no pavillón nunha noite europea especial.
Desde o club anímase a toda a afección e ás persoas amantes do baloncesto a acudir e vivir en directo un partido de máximo nivel continental.
Xuntos, a pola vitoria europea!
