O vindeiro 28 de decembro, ás 13:00 horas, o pavillón da Malata acollerá o derbi galego entre o BAXI e o Ensino Lugo, un encontro moi especial que contará co patrocinio de CLESA.

O club lembra a todas as persoas abonadas que non é necesario retirar entrada, xa que o partido está incluído no abono de tempada.

Co obxectivo de premiar a fidelidade da súa masa social e favorecer un ambiente especial nestas datas do Nadal, o BAXI pon en marcha unha promoción exclusiva para abonados: do 19 ao 22 de decembro poderán adquirir ata dúas entradas cun desconto do 50 %, para convidar a amigos e familiares a vivir a emoción do baloncesto.

O código promocional enviarase por correo electrónico ás persoas abonadas e a promoción será válida ata completar aforo.

Desde o club anímase á afección a encher as bancadas da Malata e gozar dun dos partidos máis destacados da tempada, nun ambiente de festa e apoio ao equipo.