O BAXI Ferrol afronta o partido de volta da Eurocup Women fronte a Perfumerías Avenida baixo o lema “¿Repetimos?”, apelando ao apoio da afección nunha nova cita europea de máximo nivel.

O encontro disputarase no Pavillón da Malata o mércores 21 de xaneiro, ás 20:15 horas, nun duelo clave da eliminatoria continental.

Entradas para abonados

Os abonados do club deberán retirar a súa entrada, manténdose a reserva do seu asento habitual ata o 2 de xaneiro.

  • Prezo reducido exclusivo para abonados do 22 ao 26:
    • Adultos: 8 €
    • Nenos: 3 €
  • A partir do día 27, as entradas para abonados pasarán a ter o seguinte custo:
    • Adultos: 10 €
    • Nenos: 5 €

Durante este mesmo período e ata completar existencias das entradas non asignadas a abono, os abonados poderán retirar unha entrada adicional ao mesmo prezo reducido mediante código enviado por email.

Os xogadores de cantera, poderán reservar sen coste a entrada enviando un mail a abonados@universitarioferrol.org

Venda ao público xeral

A venda de entradas para o público xeral abrirase o 2 de xaneiro, cos seguintes prezos:

  • Adultos: 15 €
  • Nenos: 8 €

Desde o club invócase unha vez máis o espírito de #AMAXIADAMALATA, para volver vivir o ambiente das grandes noites europeas e empuxar ao equipo nun partido decisivo da Eurocup Women.

¿Repetimos? A Malata ten a resposta.