O acto terá lugar o 26 de decembro, en MDC, e contará coa presenza do presidente da Deputación da Coruña, que acompañará o autor e os representantes do BAXI Ferrol durante a presentación.
ESE UNI enmárcase no apoio da Deputación da Coruña á creación cultural contemporánea e pon en valor a colaboración entre institucións públicas e entidades deportivas e culturais na promoción do talento e da cultura.
Durante a presentación, Edu Hermida dará a coñecer as claves da obra e do proceso creativo, nun acto que servirá tamén para destacar o respaldo institucional e o papel do BAXI Ferrol na difusión de iniciativas culturais.
