O BAXI Ferrol Interema Dopico xa coñece os equipos aos que se enfrontará na fase de grupos da MiniCopa LF Endesa Tarragona 2026, tras o sorteo oficial da competición. O conxunto ferrolán quedou encadrado no Grupo B, xunto a tres rivais de gran nivel dentro do baloncesto de formación estatal.
Os rivais do BAXI Ferrol Interema Dopico nesta primeira fase serán o Casademont Zaragoza A, o Lointek Gernika e o Genal Ingeniería y Paisajismo CAB Estepona. Tres equipos con ampla tradición no traballo de base e que supoñen un importante desafío competitivo para o cadro galego.
A MiniCopa LF Endesa reunirase en Tarragona aos mellores proxectos de canteira do baloncesto feminino estatal, converténdose nun escaparate privilexiado para as novas promesas. O BAXI Ferrol Interema Dopico afronta esta cita con ilusión, ambición e o obxectivo de seguir medrando a nivel deportivo, representando con orgullo ao club e ao baloncesto galego.
Nos vindeiros días daranse a coñecer os horarios e datas dos encontros correspondentes á fase de grupos.
