O BAXI Ferrol pon en marcha unha promoción especial dirixida exclusivamente aos seus abonados con motivo do partido que o equipo disputará o vindeiro *31 de xaneiro fronte ao Cadí La Seu*.
Grazas a esta iniciativa, os abonados poderán adquirir entradas cun 50% de desconto, empregando un código promocional persoal* que se lles enviará directamente ao seu correo electrónico.
A promoción estará *dispoñible a partir de mañá luns*, e permitirá aos abonados convidar a familiares e amizades para gozar dun encontro clave no calendario, reforzando así o apoio desde a bancada de A Malata.
Desde o club anímase a todos os abonados a revisar o seu correo electrónico e aproveitar esta oportunidade para vivir, unha vez máis, o mellor baloncesto xunto ao BAXI Ferrol
