O BAXI Ferrol anima á súa afección a acompañar ao equipo no Derbi Galego cunha viaxe organizada a Lugo o vindeiro domingo 22 de febreiro, nunha xornada pensada para gozar do baloncesto e do ambiente entre afeccións.
A expedición sairá do Pavillón de A Malata ás 15:30 horas, regresando a Ferrol unha vez rematado o encontro. O club preparou diferentes opcións de prezos para facilitar a asistencia tanto de persoas abonadas como non abonadas, así como tarifas especiais para nenos e nenas.
Os prezos da viaxe con entrada incluída son os seguintes:
-
Persoas abonadas: Adultos 20 € / Nenos 15 €
-
Persoas non abonadas: Adultos 25 € / Nenos 18 €
Ademais, para quen prefira desprazarse pola súa conta, o prezo da entrada será de 10 € para adultos e 5 € para nenos.
A viaxe en autobús realizarase sempre que se alcance un aforo mínimo de 55 persoas. As reservas e a venda de prazas xa están dispoñibles a través do correo electrónico abonados@universitarioferrol.org.
Desde o BAXI Ferrol faise un chamamento á afección para encher a bancada visitante e apoiar ao equipo nun dos partidos máis especiais da tempada. AMAXIADAMALATA volve á estrada.
