O BAXI Ferrol presenta oficialmente o Sweet BAXI Team, unha orixinal e doce iniciativa pensada para achegar aínda máis á afección ao primeiro equipo feminino e, ao mesmo tempo, contribuír ao fortalecemento da estrutura de base do club.
Baixo o lema “Un pequeno doce cun gran equipo dentro”, a acción converte cada piruleta nunha peza de colección moi especial: no seu interior escóndese a imaxe dunha xogadora do primeiro equipo. O obxectivo é claro: completar a colección e celebrar o espírito de equipo que define ao club.
Ademais do seu carácter participativo e ilusionante, un dos principais obxectivos desta campaña é axudar na financiación da canteira e dos equipos de categoría de formación, reforzando así o compromiso do club co desenvolvemento do talento local e co futuro do baloncesto feminino.
A iniciativa busca fortalecer o vínculo entre xogadoras e seguidores, especialmente entre os máis novos, fomentando a ilusión, a participación e o sentimento de pertenza á familia BAXI.
Premios para as persoas máis rápidas
A campaña inclúe premios para quen complete antes a colección:
-
3 cheques de 50 € + camisola asinada
-
7 cheques de 50 €
-
10 cheques de 30 €
Os cheques poderán empregarse en produtos oficiais na BAXI de Niebla Boutique.
Co Sweet BAXI Team, o club aposta por unha acción innovadora que combina deporte, diversión e compromiso social, consolidando o seu apoio á afección e ao crecemento sostible da entidade desde a base ata o primeiro equipo.
