O equipo infantil BAXI Ferrol Interema Dopico disputará desde este xoves en Tarragona a Minicopa LF Endesa, torneo que se celebra coincidindo coa fase final da Copa da Raíña e no que participan algunhas das mellores canteiras do baloncesto feminino estatal.
O conxunto ferrolán quedou encadrado nun grupo xunto a Casademont Zaragoza, Lointek Gernika e Ingeniería Ambiental CAB Estepona, fronte aos que xogará a fase de grupos entre o xoves e o venres.
Calendario de partidos – Fase de grupos
- Xoves: BAXI Ferrol Interema Dopico vs Lointek Gernika – 11:30 h
- Venres: Casademont Zaragoza vs BAXI Ferrol Interema Dopico – 09:30 h
- Venres: BAXI Ferrol Interema Dopico vs Ingeniería Ambiental CAB Estepona – 13:30 h
O equipo estará dirixido por Laura Alonso, que contará coa axuda de Paula García e Candela Rodríguez como adestradoras asistentes.
Plantel BAXI Ferrol Interema Dopico
- Laura Díaz Martínez
- Noa Lameiro Pena
- Adair Legaspi Bellas
- Helena Leira Sebio
- Zaida López Bouza
- Galatea Manzano Barro
- Alba Núñez Fariña
- Clara Pérez Cartelle
- Blanca Raposo Riesco
- Iria Sastre Mouriz
- Itziar Sastre Mouriz
- Noa Tojeiro Montero
O equipo afronta esta cita con moita ilusión, nun torneo que lles permitirá ás xogadoras vivir unha gran experiencia deportiva e competir contra algunhas das mellores canteiras do baloncesto feminino.
