O vindeiro sábado 25 ás 19:00 horas, o pavillón da Malata acollerá un partido solidario a favor de Julieta, nun evento que combinará deporte e solidariedade cun único obxectivo: sumar apoios para unha boa causa.
Durante a xornada, as persoas asistentes poderán desfrutar dun emocionante encontro e participar nun gran sorteo que contará con produtos e equipacións oficiais de equipos da Liga Femenina Endesa, convertendo a cita nunha oportunidade única para colaborar e levar premios especiais.
A organización fai un chamamento á participación da cidadanía para encher as bancadas da Malata e demostrar, unha vez máis, o compromiso solidario da comunidade.
Cada asistencia, cada apoio e cada xesto suman para axudar a Julieta.
