O BAXI Ferrol presenta a súa campaña de abonos para a tempada 2026/2027 cunha mensaxe clara e ambiciosa: transformar o novo escenario de xogo nun auténtico fortín. Baixo o lema “ #OINFERNODEPUNTAARNELA”, o club fai un chamamento á súa afección para dar un paso máis e converter cada partido nunha experiencia única.

Durante esta tempada, o equipo trasladarase de maneira temporal a Punta Arnela, deixando o pavillón da Malata. Un cambio que o club afronta como unha oportunidade para reforzar aínda máis a conexión coa súa xente e construír unha nova identidade de bancada nun espazo diferente, pero coa mesma paixón de sempre.

A campaña apela directamente ao sentimento de pertenza, ao orgullo de cidade e á forza colectiva da afección. “Non se trata só de asistir aos partidos, senón de formar parte activa do equipo desde a bancada”, destacan desde o club. O obxectivo é claro: que Punta Arnela se converta nun escenario recoñecible, intenso e determinante.

O BAXI Ferrol quere así consolidar o papel clave da súa afección, que nas últimas tempadas foi fundamental para converter A Malata nun referente. Agora, o reto é trasladar esa enerxía e ese ambiente a unha nova casa.

A campaña articúlase arredor de valores como identidade, comunidade e ambición, baixo mensaxes como “SOMOS UNI, SOMOS BAXI, SOMOS FERROL”, buscando implicar a toda a cidade nun proxecto común no que cada abonado e abonada conta.

Os abonos están dispoñibles dende o 28 de abril e poden adquirirse a través dos canais habituais do club.

Con esta campaña, o BAXI Ferrol non só busca encher as bancadas, senón crear algo máis grande: un ambiente único, recoñecible e capaz de marcar a diferenza en cada partido.