O BAXI Ferrol incorpora á súa plantilla a xogadora galega Esther Castedo, reforzando así o proxecto deportivo do club para a próxima tempada.

Castedo, exterior con capacidade anotadora, intensidade defensiva e gran lectura de xogo, chega ao conxunto ferrolán tras continuar coa súa progresión tanto no baloncesto nacional como internacional, consolidándose como unha das xogadoras galegas con maior proxección.

A súa chegada supón unha aposta polo talento novo, a ambición e a identidade galega dentro do proxecto do BAXI Ferrol. Ademais da súa calidade deportiva, Esther destaca pola súa competitividade, carácter e capacidade de adaptación.

Desde o club queremos darlle a benvida á cidade e á familia do BAXI Ferrol, convencidos de que viviremos grandes momentos xuntos.

Dende hoxe, Ferrol ten dous castelos… e a Esther Castedo.

Benvida, Esther!