O BAXI Ferrol e Moira Joiner separan os seus camiños tras dúas tempadas nas que a xogadora estadounidense deixou unha importante pegada deportiva e humana dentro do club.
Moira formou parte dunha das etapas máis especiais da historia recente da entidade, sendo unha peza importante nun equipo que conseguiu proclamarse subcampión da EuroCup Women, ademais de competir ao máximo nivel tanto en competición nacional como europea.
Durante as súas dúas campañas en Ferrol, destacou pola súa intensidade, talento e compromiso diario, converténdose nunha xogadora moi querida tanto dentro do vestiario como pola afección.
Desde o club queremos agradecerlle a súa profesionalidade, o seu traballo e a implicación demostrada defendendo a camiseta do BAXI Ferrol.
Máis alá do deportivo, Moira deixa tamén unha gran pegada humana no club e na cidade.
Desexámoslle toda a sorte nos seus próximos retos profesionais e persoais.
💙 Grazas por todo, Moira.
Ferrol sempre será a túa casa.
