O BAXI Ferrol continúa dando forma ao seu proxecto para a tempada 2026/27 coa incorporación de Tayra Eke, xogadora que reforzará o xogo interior do conxunto universitario.

A nova xogadora azul chega a Ferrol para achegar físico, intensidade e capacidade competitiva nunha tempada especial para o club, que disputará os seus encontros como local en Punta Arnela mentres se desenvolve a remodelación integral da Malata.

Tayra Eke destaca pola súa versatilidade e pola súa capacidade para contribuír en ambos lados da pista, características que encaixan coa filosofía de traballo do BAXI Ferrol e co estilo de xogo que o equipo quere seguir desenvolvendo.

Coa súa incorporación, o club continúa construíndo un cadro de xogadoras ambicioso, mantendo a identidade competitiva que levou ao equipo a protagonizar algunhas das páxinas máis importantes da súa historia recente.

Desde a entidade queremos darlle a benvida a Tayra Eke e desexarlle moitos éxitos nesta nova etapa deportiva, convencidos de que a afección ferrolá a fará sentir desde o primeiro día parte desta gran familia.

O proxecto 2026/27 segue medrando.

🔥 #OINFERNODEPUNTAARNELA segue collendo forma.