O BAXI Ferrol abre a venda de entradas para o partido de volta da fase previa da EuroCup Women, que se disputará o vindeiro 1 de outubro, ás 20:15 horas, no Pavillón da Malata.
O encontro será decisivo para o conxunto departamental, que buscará o pase á fase de grupos da competición continental diante da súa afección, nunha nova cita europea que promete converter A Malata nun escenario clave para o equipo de Lino López.
A venda de entradas estará dispoñible desde hoxe a través da páxina web oficial do club.
Os abonados do BAXI Ferrol poderán beneficiarse dun prezo especial de:
- Adultos: 10 euros
- Menores: 5 euros
Pola súa banda, o público xeral poderá adquirir as súas entradas polos seguintes importes:
- Adultos: 16 euros
- Menores: 9 euros
Os enlaces para a compra de entradas son os seguintes:
Abonados:
https://universitarioferrol.org/nueva-eurocup-abonados/
Público xeral:
https://universitarioferrol.org/nueva-eurocup-publico/
Desde o BAXI Ferrol faise un chamamento á afección para volver converter A Malata nunha referencia do baloncesto europeo. O apoio das bancadas será fundamental nun partido de máxima importancia, no que o equipo buscará continuar o seu camiño na EuroCup Women e volver vivir outra noite inesquecible xunto á súa afección.
O BAXI Ferrol afronta unha nova aventura continental coa ilusión de seguir competindo entre os mellores equipos de Europa.
O club anima a toda a afección a asegurar o seu sitio con antelación e a acompañar ao equipo nunha das citas máis importantes do inicio da tempada.
