O conxunto ferrolán enfrontarase ao Sparking Truth Maristas o 8 de setembro,
ás 20:30 horas, no pavillón da Malata
O BAXI Ferrol continúa coa súa preparación de cara á nova tempada cunha nova cita
ante a súa afección. O próximo 8 de setembro, ás 20:30 horas, o conxunto ferrolán
disputará o Torneo Cidade de Ferrol, no que se medirá ao Sparking Truth Maristas
no pavillón da Malata.
Será a primeira oportunidade para que a afección do BAXI Ferrol poida ver de preto
ás xogadoras e acompañar ao equipo durante a pretempada, nunha cita que servirá
tamén para seguir avanzando na posta a punto do cadro dirixido por Lino López.
Entradas xa á venda este venres
As entradas para o encontro estarán dispoñibles a partir do venres 28 de agosto a
través da páxina web oficial do club, www.universitarioferrol.org.
Os abonados do BAXI Ferrol terán acceso gratuíto ao encontro, mentres que para
o público xeral os prezos serán de 5 euros para nenos e 10 euros para adultos.
Desde o club anímase a toda a afección a acudir á Malata e gozar dunha nova
xornada de baloncesto en Ferrol, acompañando ao equipo neste camiño de
preparación para unha tempada que volverá estar marcada pola ilusión e os retos
deportivos.