FUNDACIÓN UNIVERSITARIO DE FERROL

A Fundación Universitario de Ferrol constituíuse con data do 30 de maio do 2002, sendo clasificada de interés deportivo (Orden de Consellería de Familia, Xuventud, Deporte e Voluntariado do 27 de outubro do 2003, DOG número 214, do 4 de novembro) e adscrita ao Protectorado de Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Orden do 28 de decembro do 2009 – DOG número 20 do 1 de febreiro do 2010).
O DOG número 183 do 23 de septiembro de 2002 publicou a Orden da Consellería de Presidencia do 2 de septiembro declarando de interés galego esta fundación que quedou inscrita co número 2002/11 no Rexistro único de Fundacións da Xunta de Galicia.

A nosa Fundación ten como obxectivo promocionar, desenvolver e impulsar o deporte así como procurar a inserción socio-laboral de deportistas, unindo a cultura, educación e a práctica deportiva para o desenvolvemento integral da sociedade e contribuir á formación dunha xuventude máis sa dende o punto de vista persoal e social.

O proxecto principal da Fundación Universitario de Ferrol é, sen dúbida, UNI2, o noso equipo de baloncesto inclusivo dirixido e coordinado por Patricia Cabrera, xogadora histórica da nosa entidade.
UNI2 nace en 2022 para darlle resposta a unha necesidade imperiosa da ciudad: que os rapaces e rapazas con diversidade funcional teñan oferta de actividades de ocio e socialización.

Dende o seu nacemento ata agora o proxecto non parou de crecer, tendo na actualidade 80 xogadores e xogadoras, entre os 5 e os 65 anos, que disfrutan cada día do deporte e los valores que este transmite mediante o baloncesto.
Da man da súa directora, Patricia Cabrera, cada día estos nenos e nenas, homes e mulleres, van ao Polideportivo de Esteiro e durante unha hora disfrutan do baloncesto desenvolvendo as súas habilidades psicomotrices, sociais e deportivas.
O proxecto UNI2 traballa de forma estreita coas asociacións e colexios de educación especial da contorna. Concretamente, contamos con xogadores e xogadoras que forman parte de:
ASPANAES, CEE Terra de Ferrol, CAD Souto de Leixa, Saúde Mental, Asociación Nuestra Señora de Chamorro e Cogami.
En UNI2 non importa a idade, somos un equipo feito por e para desfrutar do deporte, da amizade e do compañerismo. Se queres formar parte do noso equipo, contáctanos en: fundacion@universitarioferrol.org

CÓMO COLABORAR?

Calquera particular ou empresa pode colaborar economicamente coa Fundación Universitario de Ferrol facilitando o mellor cumplimento dos seus fins, mediante a realización de calesquera das actividades que constitúen a razón de ser da Fundación.

 

As colaboracións poden materializarse a través de donativos o ben mediante a suscribción de convenios (que gozan da exención do IVE). En calquera caso, a Fundación facilitará unha certificación desa colaboración económica a fin de que a persoa ou entidad colaboradora poda obter as bonificacións fiscais previstas.

 

A lei de incentivos fiscais ao mecenazgo contempla diversas vantaxes e beneficios, que para as PERSOAS FÍSICAS van dende o 80% de desgravación na cota do IRPF polos primeiros 150 euros de micromecenazgo (e o 35% polos restantes) ata o 40% a partir do terceiro ano, sempre que se manteña ou incremente a doazón.

No caso das PERSOAS XURÍDICAS, a cota correspondente ao Imposto de Sociedades tamén goza dunha desgravación do 35 ou 40% (a partir do terceiro ano) do importe da doazón.