A nosa historia comeza en 1997 coa fundación do Club Universitario Ferrol, nado dunha clara necesidade: ofrecer ás nenas e mulleres da nosa cidade un espazo para desenvolver a sua paixón polo baloncesto. Nas dúas primeiras tempadas de existencia do club os equipos de base vincúlanse á Agrupación Deportiva Compañía de María, mentres que o primeiro equipo compite no grupo galego da Segunda división nacional.
En 1999 o Uni acada o ascenso á Primeira división nacional nunha fase final celebrada en Ferrol, e tras dous anos nesa categoría, convírtese nun dos equipos que inaugura a nova competición da Federación Española, a Liga Femenina 2 (LFB2). Será na tempada 2004/2005 cando se acade o primeiro gran fito histórico, cunha agónica victoria na eliminatoria de ascenso en Sóller, que da o primeiro ascenso da nosa historia á máxima categoría. A tempada 2005/2006 na elite foi un fito inesquecible que, se ben devolveunos á categoría de prata, plantou a semente de todo o que estaba por vir.
Durante as seguintes oito tempadas, o clube mantívose na Liga Femenina 2, desputando numerosas fases de ascenso que forxaron o noso carácter. A persistencia deu os seus froitos na tempada 2013/2014, cando un grupo histórico de xogadoras, liderado xa por Lino López dende o banco, acada o ansiado ascenso á máxima categoría do baloncesto feminino español.
Ao largo do tempo...
CRECEMENTO
Tras dúas tempadas centradas na permanencia, a campaña 2016/2017 marcou un antes e un despois, situando ao clube por primeira vez na parte alta da clasificación. Fixemos historia ao lograr a nosa primeira participación nunha Copa da Raíña e nos PlayOffs polo título. Na Copa, desputada en Girona, caemos por só dous puntos nun emocionante partido de cuartos de final fronte a Lecturale Araski.
En canto aos PlayOffs, a nosa boa dinámica continuou e superamos ao IDK Gipuzkoa nuns emocionantes cuartos de final, caendo en semifinais ante o todopoderoso Perfumerías Avenida, cun resultado que nos levaron ao mellor resultado nacional da nosa historia, o terceiro posto da clasificación final.
Na tempada 2017/2018 confirmouse a consolidación do proxecto. Repetimos os éxitos da campaña anterior, finalizando nunha meritoria cuarta posición na liga regular. Participamos de novo na Copa da Raíña, onde caemos novamente nos cuartos de final, esta vez frente ao IDK Gipuzkoa. Sen embargo, nos PlayOffs, derrotamos ao Lointek Gernika Bizkaia cun poderoso 2-0 nos cuartos de final. En semifinais, unha vez máis, Perfumerías Avenida alzouse coma o noso verdugo, revalidando o título tras eliminarnos.
Tras dúas tempadas de ensoño, a campaña 2018/2019 convertiuse nun pesadelo tras finalizar a liga regular na última posición e descendendo á Liga Femenina 2.
Pero, como cidade obreira, en Ferrol decidimos non rendernos. O noso paso pola segunda categoría foi breve, aínda que non exento de desafíos. A suspensión da liga debido ao COVID-19, sorprendeunos xusto antes da fase de ascenso, co equipo situado nunha sólida segunda posición, que quedou como un claro aviso do que estaba por vir. No ano seguinte, na 2020/2021, o equipo protagonizou outra xesta histórica, acadando o ascenso directo á primeira división sen perder nin un só partido, selando un récord de victorias de 29-0.
Año 2020-21
Año 2021-22
Año 2022-23
Año 2023-24
Año 2024-25
SEGUIMOS…
Sen embargo, a euforia agotouse na seguinte tempada, a 2021/2022, cando culminamos a campaña cun novo descenso á recén creada Liga Challenge. Pero a adversidade, unha vez máis, impulsounos. Só un ano despóis, na tempada 2022/2023, conseguimos o campionato e o ascenso directo á máxima categoría.
Como xa teredes percibido, somos un clube que non anda con medias tintas. Na nosa primeira tempada tras este último ascenso, a 2023/2024, logramos unha destacada participación na Copa da Raíña, celebrada en Huelva, e nos cuartos de final caemos ante un imponente Casademont Zaragoza. Ademais, volvemos ser parte dos PlayOffs polo título, onde os nosos camiños cruzáronse, unha vez máis, co noso verdugo recurrente neste tipo de citas: Perfumerías Avenida, que nos eliminou de novo, pero a quen conseguimos vencer por 12 puntos nun inesquecible partido disputado no pavillón da Malata.
A historia do Baxi Ferrol séguese escribindo cada día, pero esta última tempada temola marcada con tinta imborrable. Por primeira vez na nosa historia, o clube lanzouse á aventura europea, e non o fixemos de calqueira maneira: proclamamosnos subcampioas da EuroCup Woman. Unha xesta que elevounos a ser un dos poucos equipos españois en colarse nuha final continental, e un dos pioneros desta competición en chegar tan lonxe tras comezar a andadura dende a fase previa. Un logro que demostra que o soño do BAXI Ferrol non ten límites. Se queres rememorar o noso paso pola EuroCup pica AQUÍ




