CANAL DE DENUNCIAS BAXI FERROL

No noso compromiso cos valores que deben representar o deporte e o Club Universitario de Ferrol, temos establecidos dous protocolos de prevención e vixilancia fronte ao acoso sexual e a violencia no deporte. Pódese acceder a eles nos seguintes enlaces:

Ademáis, mediante este canal de comunicación, os empregados e terceiros poden facer chegar ao noso servizo de prevención os feitos dos que, nun contexto laboral ou profesional, teñan coñecemento e constitúan unha violación da lei e/ou unha infracción grave do Protocolo de Violencia Sexual ou dos Protocolos de Protección de menores.

Pódese reportar de forma confidencial indicando o nome e a información de contacto ou, se se desexa, de forma completamente anónima. Todas as consultas trátanse de forma confidencial e segura. Tamén pode poñerse en contacto co noso servicio de Prevención mediante o correo denuncias@universitarioferrol.org

PROTOCOLO FRONTE AO ACOSO

PROTOCOLO PROTECCIÓN DOS NENOS

FORMULARIO DE CONTACTO

    Achegar arquivos (opcional)