O noso obxectivo como club é que o primeiro equipo compita coa máxima ambición en todas as competicións, pero sin deixar de lado o que nos fai verdaderamente grandes. Un lema acompáñanos dende hai años: Humildade e traballo. Levámolo por bandeira e defínenos en todos os ámbitos do club, inculcándoo non só ás xogadoras que se unen ao noso primeiro equipo, senón, e sobre todo, a cada unha das xogadoras e xogadores que conforman o noso baloncesto base.

Estos piares, humildade e traballo, son a base sobre a que construímos algo máis grande: o sentido de identidade e a transmisión de valores positivos que trascenden á pista. Cremos firmemente no poder do baloncesto como ferramenta de desenvolvemento persoal e colectivo para os nenos e nenas da nosa cidade. Con cada canastra, cada adestramento, forxamos non só xogadoras e xogadores, senón tamén cidadáns comprometidos e fachendosos de representar ao Baxi Ferrol.
O noso compromiso vai máis aló do marcador: Buscamos formar persoas íntegras que leven consigo os valores do club en cada paso das súas vidas. A paixón polo deporte queremos acompañalo cunhna formación en valores, levando con orgullo o nome de Ferrol.
